O vindeiro sábado día 29 de outubro a FEGAN ten previsto realizar no CGTD de Pontevedra, unha xornada de Tecnificación de Natación (clínic RFEN - técnica de braza) a cargo de Santiago Veiga, coordinador de clínics de tecnificación da RFEN; Jordi Jou, director técnico do CN Sant Andreu e adestrador do equipo olímpico nos XXOO de Río e Tokio; e a nadadora olímpica e medallista en Campionatos do Mundo e Europa, Jessica Vall. A esta xornada están convidados todos os adestradores dos clubs galegos, así como os nadadores que figuran na convocatoria adxunta a esta mesma nova. No que ao noso club respecta tomarán parte nesta xornada @s nadadores-as Anxo Fuentefría e Carla Jiménez e os adestradores Héctor García e Román Rey. O clínic desenvolverase en xornadas de mañá de 10:30 a 13:30 horas e de tarde de 16:30 a 19:30 horas, e sesións de traballo en auga e seco. A actividade federativa inclúe tamén a comida para todos os deportistas e técnicos participantes.