A pasada fin de semana Anxo Fuentefría e Carlos Casal, representáronnos no Campionato de España de Natación Infantil de Verán celebrado nas instalacións do Club Natació Sabadell, lugar onde se deron cita 246 clubs e 758 nadadoras e nadadores de 14 e 15 anos. Anxo Fuentefría nadou as 3 finais de braza para ser, 6º nos 50, 6º nos 100 e Campión de España nos 200, mentres que na proba dos 200 estilos rematou 23º. Anxo bateu ademáis a mellor marca galega de 15 anos nos 200 braza, a absoluta do club nesta mesma distancia e as de 15 anos nos 50 e 100 braza, probas nas que mellorou tamén os seus propios rexistros. Pola súa banda Carlos Casal nadou as finais de 14 anos dos 100 e 200 braza onde foi 6º e 8º respectivamente, e participou tamén nos 50 braza e os 200 estilos, probas nas que rematou 16º. Carlos bateu tamén os mellores rexistros do club de 14 anos e os seus persoais nos 50 braza e 100 braza. Os resultados dos nosos podédelos atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.