Esta fin de semana preséntase intensa para os intereses d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros. En primeiro lugar 12 d@s nos@s (7 mozas e 5 mozos) competirán o sábado 18 e o domingo 19 en sesións de mañán e tarde no Campionato Galego Infantil de Inverno a celebrar na Piscina Municipal de Lieiro en Cervo, localidade na que tomarán parte 27 clubs e 203 nadadores-as (115 mozas e 88 mozos). Por outra banda 33 d@s nos@s prebenxamíns participarán na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo en horario de 16 a 18 horas, na 3ª das xornadas da Copa Galega da categoría na que @s nos@s cativ@s están a ocupar a 9ª praza a falta de computar as puntuacións acadadas na segunda rolda. Acto seguido e tamén en Carballo, 6 d@s nos@s benxamíns xunto co seu adestrador (David Pita) e baixo a dirección de Daniel Toro, Director Técnico de FEGAN; tomarán parte na 1ª das xornadas de tecnificación do Programa GES que dende a federación desenvolven en colaboración cos clubs galegos.