As citas de Carballo e Ourense mobilizan a 89 d@s nos@s


 24 Xaneiro, 2025   Natación 

As citas de Carballo e Ourense mobilizan a 89 d@s nos@s

Mañá á tarde a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo acollerá a 2ª Xornada da Liga Galega Prebenxamín que congrega @s nen@s dos anos 2016 e 2017 e o 2º Control de Marcas Benxamín-Alevín que reúne @s rapaces-as da nosa Escola de Natación nad@s anos 2012, 2013, 2014 e 2015. A competición levaráse a cabo de maneira conxunta desde as 16:00 horas e contará coa presenza de 72 nadadores-as, 38 rapazas e 34 rapaces. Compre salientar tamén que logo da 1ª xornada de liga o noso equipo prebenxamín está a ocupar a 9ª praza conxunta dos 18 equipos que veñen participando nesta tempada 2024-2025.
Na mesma tarde do sábado, a Piscina Municipal Rosario Dueñas de Ourense será a sede que acolla desde as 15:30 horas, a 2ª das Xornadas Preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Primeira División. @s nos@s nadadores-as suman 3 puntos e están a ocupar a cuarta praza desta Fase Preliminar por diante do RCN.Vigo que ten 2 e o CN.Monforte que ten 1. Nesta 2ª rolda concursaremos cun total de 17 nadadores-as, das que 9 pertencen á categoría feminina e os 8 restantes á masculina. Na xornada nadaránse as probas individuais dos 400, 100 e 50 metros libres, os 100 braza e bolboreta e os 200 costas e estilos, ademáis das remudas por equipos dos 4x50 metros estilos e 4x100 e 200 metros libres. O noso obxectivo nesta Fase Preliminar segue sendo o de manternos na loita polos 3 primeiros postos que garanten a permanencia na primeira división rexional para a próxima tempada.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.