Así foi o Nacional Absoluto de Inverno d@s nos@s nadadores-as


 21 Decembro, 2022   Natación 

Así foi o Nacional Absoluto de Inverno d@s nos@s nadadores-as

Os pasados 16, 17 e 18 de decembro, Manuel Verdes, Carlos Abeleira, Yoel Suárez e Carla Jiménez tomaban parte no Campionato de España Absoluto de Natación de Inverno nas instalacións do Club Natación Sabadell onde participaron 163 clubs e 734 nadadores-as, 438 homes e 296 mulleres. O venres disputábase a proba dos 50 metros braza nos que Manuel Verdes, Yoel Suárez e Carla Jiménez nadaban a 1, 2 e 3 décimas dos seus mellores rexistros para ser 46º, 51º e 42ª respectivamente. O sábado nos 50 metros costas, Carlos Abeleira era 49º batindo o récord absoluto do club cunha mellor marca persoal de 00:26.61. Tamén o sábado Yoel Suárez nadaba os 100 metros braza no seu mellor rexistro persoal, 1:04.46 que lle valía para rematar 54º. O domingo o mesmo Yoel pechaba o campionato para @s nos@s con outra mellor marca persoal, desta volta nos 100 metros estilos, 00:58.53 co que clasificaba 36º. Resultados que podedes atopar no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.