Así lle foi a Jorge Souto en Logroño no Nacional Infantil de Verán


 02 Agosto, 2022   Natación 

Así lle foi a Jorge Souto en Logroño no Nacional Infantil de Verán

Os pasados 29, 30 e 31 de xullo, Jorge Souto de 15 anos representábanos no Campionato de España de Natación Infantil de Verán no Centro Deportivo Municipal de "Las Norias" da localidade de Logroño. O torneo nacional contou con concurso de 222 clubs e 895 nadadores-as, 513 da categoría feminina e 382 da masculina. Na xornada do venres Jorge abría campionato na proba dos 400 metros estilos onde remataba 30º cunha marca de 5:13.89 e a seis segundos do seu mellor nivel. O sábado foi sen dúbida o seu mellor día, 30º posto nos 200 braza cunha mellor marca persoal de 2:44.92 e 38º nos 200 costas tamén cun mellor rexistro persoal de 2:25.09. Na matinal do domingo Jorge pechaba a seu concurso nacional nadando os 200 estilos en 2:28.53 para ser 48º a catro segundos da súa mellor marca. Resultados que podedes atopar no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.