Así lles foi a Alba, Carlos e Noa no Nacional Infantil de Inverno


 17 Marzo, 2025   Natación 

Así lles foi a Alba, Carlos e Noa no Nacional Infantil de Inverno

Os pasados 13, 14, 15 e 16 de marzo, Alba Lamas e Noa Ferreiro de 14 anos e Carlos Casal de 15, representáronnos no Campionato de España de Natación Infantil de Inverno celebrado nas instalacións do Complexo Deportivo Rías do Sur en Pontevedra. O torneo nacional contou co concurso de 184 clubs e 454 nadadores-as de 14 e 15 anos que competiron baixo o formato de categoría conxunta. No que respecta @s nos@s, Carlos Casal nadou dúas finais A e unha final B obtendo o 15º posto conxunto (14-15 anos) nos 50 braza, o 6º nos 100 braza e o 4º nos 200 braza a nada da medalla de bronce. Na categoría feminina Alba Lamas foi 22ª conxunta (14-15 anos) nos 200 costas, 39ª nos 200 estilos, 40ª nos 50 costas e 42ª nos 100 costas e Noa Ferreiro clasificou 31ª conxunta (14-15 anos) nos 400 libres, 38ª nos 200 libres e 52ª nos 100 libres. Os resultados deste XLIV Campionato de España Infantil de Inverno podedes atopalos no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.