Así lles foi a Noa Ferreiro e Alba Lamas no Nacional Alevín de Verán


 18 Xullo, 2024   Natación 

Así lles foi a Noa Ferreiro e Alba Lamas no Nacional Alevín de Verán

Os pasados 11, 12, 13 e 14 de xullo, Alba Lamas e Noa Ferreiro de 13 anos representáronnos no Campionato de España de Natación Alevín de Verán celebrado nas instalacións do Complexo Deportivo Juan Carlos I de Cuidad Real. O torneo nacional contou co concurso de 218 clubs e a presenza de 635 nadadores-as, 359 da categoría feminina e 276 da masculina. No que respecta ás nosas Noa Ferreiro clasificouse para nadar a final dos 100 metros libres femininos rematando na oitava praza e mellorando os rexistros do club dos 13 anos no pase dos 50 libres (29''72) e o de 100 libres cun tempo de 1'02''14. Noa competíu tamén nos 400 e os 200 metros libres sendo 18ª e 19ª nadando por riba dos seus rexistros persoais. Pola súa parte Alba Lamas bateu a mellor marca do club dos 13 anos nos 50 costas cun tempo de 33''46 para ser 15ª; ademáis foi 19ª nos 200 costas e 20ª nos 100 costas, probas nas que non foi capaz de mellorar as súas marcas persoais. Os resultados deste XI Campionato de España Alevín podedes atopalos no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.