Así lles foi a Sara Ríos e Carla Giance no Nacional Alevín de Verán


 13 Xullo, 2025   Natación 

Así lles foi a Sara Ríos e Carla Giance no Nacional Alevín de Verán

Os pasados 10, 11, 12 e 13 de xullo, Sara Ríos de 12 anos e Carla Giance de 13 representáronnos no Campionato de España de Natación Alevín de Verán celebrado na cidade de Cádiz. O torneo nacional contou co concurso de 207 clubs e a presenza de 592 nadadores-as, 326 da categoría feminina e 266 da masculina. No que respecta ás nosas, Sara Ríos foi 11ª nos 100  braza, 13ª nos 50 braza e 16ª nos 200 braza, batendo ademáis os mellores rexistros do club de 12 nos 100 e os 200 braza; mentres que Carla Giance mellorou a súa marca persoal nos 50 costas para rematar 24ª, moi bo concurso das nosas na súa estrea nacional. Os resultados deste XII Campionato de España Alevín podedes atopalos no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.