Así lles foi @s nos@s no Nacional Júnior e Absoluto Open de Palma


 04 Abril, 2023   Natación 

Así lles foi @s nos@s no Nacional Júnior e Absoluto Open de Palma

Do 29 de marzo ao 2 de abril, Manuel Verdes, Carlos Abeleira, Yoel Suárez, Simón Rey e Carla Jiménez tomaban parte no Campionato de España Júnior e Absoluto Open de Primavera nas instalacións municipais de Son Hugo en Palma de Mallorca. O torneo nadouse en piscina longa e contou coa participación de 209 clubs e seleccións nacionais que mobilizaron a un total de 889 nadadores e nadadoras ao longo dos cinco días. O mércores disputábase a proba dos 50 metros braza onde Yoel Suárez era 50º absoluto e Manuel Verdes 82º absoluto, nadadando os dous nos seus mellores rexistros da tempada. Nesta mesma proba e tamén o mércores, Carla Jiménez remataba na 35ª praza júnior. O xoves Yoel Suárez nadaba os 100 braza sendo 42º absoluto e os 50 bolboreta, proba na que con 26''21 asinaba a súa mellor marca persoal en piscina longa e o 69º posto absoluto. O domingo na proba dos 50 costas Simón Rey era 82º absoluto cunha mellor marca persoal de 28''34 e Carlos Abeleira remataba na 89ª praza absoluta. Resultados que podedes atopar no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.