Así nos foi en Málaga no Nacional Júnior e Absoluto de Verán


 31 Xullo, 2023   Natación 

Así nos foi en Málaga no Nacional Júnior e Absoluto de Verán

Do 26 ao 30 de xullo, Yoel Suárez, Simón Rey e Carla Jiménez tomaban parte no Campionato de España Júnior e Absoluto de Verán nas instalacións do Centro Inácua en Málaga. O torneo nadouse en piscina longa e contou coa participación de 240 clubs que mobilizaron a un total de 1.140 nadadores e nadadoras ao longo dos cinco días de competición. Desta volta o máis destacado d@s nos@s foron as dúas finais e os 2 récords do club de Carla Jiménez. Finais na categoría de 17 anos nos 200 braza, onde foi 8ª para rematar 11ª júnior, e nos 100 braza onde foi 5ª clasificando na 8ª praza júnior. Precisamente nesta proba dos 100 braza Carla batía os récords absolutos do club nos 50 metros ao seu pase para os 100 cun parcial de 0:34.55 nas eliminatorias da mañá, e o dos 100 braza cun tempo de 1.15.47 nas finais da tarde. Na categoría absoluta Yoel Suárez foi 68º nos 100 braza, 99º nos 50 braza e 112º nos 50 bolboreta, mentres que Simón Rey foi 74º nos 50 costas e 114º nos 50 bolboreta, nadando os dous por encima das súas mellores marcas persoais. Resultados que podedes atopar no apartado descargas natación desta mesma web cos que pechamos a tempada 2022-2023. Merecidas vacacións para @s nos@s nadadores e adestradores que volverán á piscina o luns 4 de setembro. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.