Así nos foi no Campionato Galego de Longa Distancia P25


 07 Decembro, 2022   Natación 

Así nos foi no Campionato Galego de Longa Distancia P25

O pasado sábado @s nadores-as Paulo Rivas (2008), Clara Rey (2007) e Pablo Gil-Rivera (2006), desprazábanse ata Pontevedra para representarnos na XIV Edición do Campionato Galego de Longa Distancia en Piscina que coincidía coa fase territorial de carácter clasificatorio para o XXI Campionato de España da modalidade. No desenvolvemento da proba @s nos@s callaron unha boa actuación; pola mañá Paulo Rivas remataba 7º infantil nos 2.000 metros libres perdendo un posto respecto ao seu tempo de inscrición. Xa pola tarde na distancia dos 3.000 metros libres, Clara Rey facíase coa 7ª praza na categoría júnior 1 mentres que Pablo Gil-Rivera acadaba a 9ª praza masculina nesta mesma categoría, mellorando 2 e 3 postos respectivamente sobre os seus tempos de inscrición. Na clasificación final por equipos fomos 6º masculinos, 11ª femininas e 7º conxunt@s dun total de 15 clubs. Podedes consultar os resultados d@s nos@s no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.