Benxamíns e Alevíns nadan esta fin de semana en Santiago e Cervo


 24 Xuño, 2022   Natación 

Benxamíns e Alevíns nadan esta fin de semana en Santiago e Cervo

Esta fin de semana preséntase intensa para os intereses de 27 d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros. Mañán sábado día 25 de xuño a Piscina Municipal de Santa Isabel, en Santiago; acollerá en horario de tarde (16:00 horas) a Copa Galega Benxamín, categoría na que os do Fogar rematamos a liga regular na 11ª praza dos 29 equipos que tomaron parte. Para a xornada de Copa @s nos@s técnicos veñen de convocar a 18 nadadores-as, 3 nenas e 15 nenos. Por outra banda o sábado día 25 e o domingo día 26 de xuño en sesións de mañá e tarde, 9 nadadores-as da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Alevín de Verán que se disputa na Piscina Olímpica de Lieiro en Cervo. O torneo estival contará coa presenza de 24 equipos e o concurso de 193 nadadores-as da nosa comunidade autónoma, 98 na categoría feminina e 95 na masculina. En canto á nosa representación confórmana un total de 9 nadadores-as, que chegan no seu mellor momento de forma; son 5 nenos e 4 nenas que ao longo da fin de semana nadarán un total de 34 probas, 29 a título individual e outras 5 de substitucións por equipos. Na seginte ligazón federativa https://www.fegan.org/post/2047 podedes consultar a normativa do campionato, as instrucións técnicas, o sumario de participantes e os informes de inscricións e tamén os listados de saídas e máis os resultados.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.