Os vindeiros 20 e 21 de marzo de 2021 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá a 2ª xornada da Liga Galega Benxamín en horario de sábado á tarde (16 horas) e a 3ª Xornada da Liga Galega Alevín en horario de domingo á mañá (9 horas). Ambas competicións levaránse a cabo sen a presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado entre outras. Ademáis non se nadarán as tradicionáis probas de substitucións por equipos co obxectivo de evitar a aglomeración de nadadores-as que entrarán e sairán da instalación baixo acreditación e de xeito graduado por clubs. Para a xornada de liga benxamín vimos de convocar un equipo composto por 32 nadadores-as, das cales 11 pertencen á categoría feminina e os 21 restantes á masculina, mentres que para a alevín contaremos co concurso de 31 nadadores-as, das cales 16 pertencen á categoría feminina e os outros 15 á masculina. As convocatorias d@s nos@s, as listaxes de saídas e os protocolos anticovid para o sábado e o domingo xa están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web.