Os vindeiros 28 e 29 de novembro de 2020 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá a 1ª xornada das Ligas Galegas Benxamín en horario de sábado á tarde (15:30 horas) e Infantil en horario de domingo á mañá (9:30 horas). Ambas competicións levaránse a cabo sen a presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado entre outras. Ademáis haberá 2 turnos diferenciados de quecemento e competición por xornada, 1 feminino e outro masculino e non se nadarán as tradicionáis probas de substitucións por equipos co obxectivo de evitar a aglomeración de nadadores-as que entrarán e sairán da instalación baixo acreditación e de xeito graduado. Para esta primeira xornada aliñaremos un equipo benxamín composto por 35 nadadores-as, das cales 9 pertencen á categoría feminina e os 26 restantes á masculina que medirán as súas forzas cos 8 nen@s do CN.Coruña; e outro infantil doutros 35 nadadores-as, das cales 23 pertencen á categoría feminina e os outros 12 á masculina para competir cos 10 nadadores-as do CN.Arteixo, os 7 do SC.Casino e os 6 do CN.Liceo. As convocatorias dos nosos, as listaxes de saídas e os protocolo anticovid para o sábado e o domingo xa están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web, onde podedes atopar tamén as normativas destas Ligas Galegas de Natación Benxamín e Infantil para a presente tempada.