A pasada fin de semana @s nadores-as Carlos Casal (2010) e Noa Ferreiro (2011), desprazáronse ata Pontevedra para representarnos na XVI Edición do Campionato Galego de Longa Distancia en piscina curta que coincidía tamén coa fase territorial de carácter clasificatorio para o XXIII Campionato de España desta modalidade das Augas Abertas. No desenvolvemento da proba @s nos@s callaron unha boa actuación acadando Carlos Casal a cuarta praza masculina e Noa Ferreiro a oitava feminina na categoría infantil dos 2.000 metros libres; resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.