Esta fin de semana 4 nadadores e 4 nadadoras da AD.Fogar de Carballo e Oleiros competían no Campionato Galego Alevín de Inverno que se disputaba na Piscina Rías Do Sur, en Pontevedra. O torneo contaba coa presenza de 25 clubs e o concurso de 157 nadadoras e nadadores, 86 na categoría feminina e 71 na masculina. En canto á clasificación por equipos, os do Fogar eramos 12º femininos, 13º masculinos e 14º conxuntos; ademais os nosos rapaces e rapazas lograban 14 mellores marcas persoais e 1 mellor marca alevín do clube a cargo da remuda feminina nos 4x100 metros libres que formaron, Lara González, Claudia Esmorís, Martina Fraga e Sofía Alberte acadando a 5ª praza. En canto á participación individual cabe destacar os concursos de: Claudia Esmorís, 5ª nos 100 libres e 7ª nos 100 costas, Rubén Otero, 6º nos 200 libres e 7º nos 100 braza, Lara González, 8ª nos 200 libres e Sergio Soto, 8º nos 1500 libres. En descargas natación desta mesma web podedes consultar os resultados dos nosos nadadores e nadadoras; ademais para ampliar a información sobre o evento podédesvos dirixir á páxina oficial da Fegan a través da ligazón: https://www.fegan.org/mp/default/post/2047