Bo concurso dos nosos alevíns no seu primeiro Nacional


 17 Xullo, 2022   Natación 

Bo concurso dos nosos alevíns no seu primeiro Nacional

Os pasados 15 e 16 de xullo, cinco dos nosos alevíns tomaban parte no Campionato de España Alevín de Verán que se está a celebrar na Piscina Municipal de La Salobreja en Jaén con 167 clubs e 394 nadadores-as en liza. Lugar onde os nosos rapaces callaban unha boa actuación sobrepoñéndose a nadar nunha piscina descuberta e dimensións olímpicas, á onda de calor e a debutar na máxima competición nacional. O venres pola mañán Anxo Fuentefría, o máis novo dos nosos, abría o campionato na proba dos 200 metros braza acadando a 11ª praza dos de 13 anos cun tempo de 2:59.77, a dous segundos do seu mellor rexistro persoal. O mesmo venres á tarde Oscar Alberte (1:00.04), Paulo Rivas (1:01.34), Ian Parga (1:00.87) e Joel Barcia (1:00.95) nadaban a substitución dos 4x100 libres acadando a 14ª praza e unha mellor marca alevín  do club cun tempo de 4:03.20. O sábado á mañán Oscar Alberte pechaba o concurso dos nosos na proba dos 100 libres na que foi 38º cunha marca de 0:59.89, a seis décimas do seu mellor rexistro persoal. Resultados que podedes atopar no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.