Alba Lamas e Noa Ferreiro callaron a pasada fin de semana en Cádiz unha moi boa actuación coa Federación Galega de Natación no X Campionato de España de Natación Alevín por Seleccións Autonómicas. A título individual Noa foi 7ª na proba dos 200 libres cunha mellor marca persoal de 2:15.72 coa que bateu o récord do club dos 13 anos, e 16ª nos 50 e os 100 libres nadando en torno aos seus rexistros. Noa nadou tamén as substitucións femininas dos 4x200 e 4x100 libres nas que as galegas foron 8ª e 10ª respectivamente. Pola súa parte Alba que nadou as probas de costas foi 14ª nos 100, 18ª nos 200 e 20ª nos 50. A Selección Galega Alevín rematou este Campionato de España por SS.AA. na 6ª posición feminina, a 9ª masculina e a 9ª conxunta. No apartado de descargas natación desta mesma web podedes consultar os resultados das probas nas que participaron as nosas.