A pasada fin de semana 4 nadadores e 4 nadadoras da AD.Fogar de Carballo e Oleiros competían no Campionato Galego Alevín de Verán que se disputaba na Piscina Rosario Dueñas, en Ourense. O torneo contaba coa presenza de 27 clubs e o concurso de 220 nadadoras e nadadores, 126 na categoría feminina e 94 na masculina. En canto á clasificación por equipos, os do Fogar eramos 10º femininos, 13º masculinos e 12º conxuntos; mellorando así dous postos con respecto ao campionato de inverno. Ademais as nosas rapazas, Claudia Esmorís, Lara González, Martina Fraga e Sofía Alberte, lograban 3 mellores marcas do clube da categoría alevín nas substitucións dos 4x100 e 200 metros libres e na dos 4x100 metros estilos. En canto á participación individual cabe destacar os concursos de: Claudia Esmorís, 5ª nos 100 libres, Lara González, 9ª nos 100 libres, Sergio Soto, 10º nos 1500 libres, Martina Fraga, 11ª nos 200 libres e Rubén Otero, 11º nos 100 libres. En descargas natación desta mesma web podedes consultar os resultados dos nosos nadadores e nadadoras; ademais para ampliar a información sobre o evento podédesvos dirixir á páxina oficial da Fegan a través da ligazón: https://www.fegan.org/mp/post/1900