Bronce para Anxo Fuentefría no Nacional Júnior de Castellón


 27 Xullo, 2025   Natación 

Bronce para Anxo Fuentefría no Nacional Júnior de Castellón

Remata hoxe o Campionato de España de Natación Júnior de Verán que se está a celebrar na Piscina Municipal Olímpica de Castellón desde o pasado xoves día 24 de xullo con 197 equipos e 680 nadadoras e nadadores en liza. Os da AD.Fogar estivemos representados nesta ocasión por Anxo Fuentefría na categoría dos 16 anos; onde o de Carballo callou un moi bo concurso ao clasificarse para nadar 3 finais das 4 probas nas que participou cun botín dunha medalla de bronce e 2 mellores marcas persoais e do club. O xoves Anxo nadou a final dos 200 estilos na que foi 10º clasificado da súa categoría, o venres nos 50 braza foi 12º e ainda que non entrou na final foi que de bater o récord do club dos 16 anos cunha mellor marca persoal de 30''85. O sábado clasificou para a final dos 100 braza onde foi 8º logo de bater o récord do club dos 16 anos cunha mellor marca persoal de 1'06''88 e hoxe volvía a subir a un podio nacional na súa proba favorita, os 200 metros braza, desta volta como medallista de bronce cun tempo de 2'24''53. Os resultados de Anxo Fuentefría neste XLVI Campionato de España Júnior de Natación de Verán podédelos atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.