Os pasados 17, 18, 19 e 20 de xullo, Alba Lamas e Noa Ferreiro de 14 anos e Carlos Casal e Manuel López de 15, representáronnos no Campionato de España de Natación Infantil de Verán celebrado na piscina do Polideportivo Rey Juan Carlos I de Ciudad Real. O torneo nacional contou co concurso de 221 clubs e 669 nadadores-as de 14 e 15 anos que competiron baixo o formato de eliminatorias e unha única final por ano de nacemento. No que respecta aos nosos, Carlos Casal nadou dúas finais de 15 anos obtendo a medalla de bronce nos 200 braza e o 5º posto nos 100 braza e foi tamén 11º nos 200 estilos e 15º nos 50 braza; mentres que Manuel López rematou na 17ª praza dos de 15 anos na proba dos 200 bolboreta. Na categoría feminina Alba Lamas nadou a final de 14 anos dos 200 costas rematando na 8ª posición e batendo o mellor rexistro absoluto do club e foi ademáis 14º nos 100 costas; mentres que a mellor proba de Noa Ferreiro foi a dos 800 libres onde clasificou a 19ª das de 14 anos. @s nos@s nadaron tamén a remuda mixta dos 4x100 estilos clasificando nunha moi meritoria 9ª praza establecendo unha nova mellor marca infantil do club con Alba na posta de costas, Carlos na de braza, Manuel na de bolboreta e Noa na de crol. Os resultados deste XLVI Campionato de España Infantil de Verán podedes atopalos no apartado de descargas natación desta mesma web.