O vindeiro sábado día 26 de febreiro de 2022 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá a 3ª Xornada da Liga Galega de Promesas en horario de tarde (16:00 horas). A competición levaráse a cabo coa presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido acreditado, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado entre outras. Desta volta o noso equipo de promesas conformarano 34 nadadores-as, das cales 4 pertencen á categoría feminina e os 30 restantes á masculina. O programa de probas desta segunda rolda inclúe os 25 metros pes braza con táboa, os 25 e 50 metros braza e os 50 metros libres nas categorías feminina e masculina. A convocatorias d@s nos@s, as listaxes de saídas e o protocolo anticovid están dispoñibles no apartado descargas escola desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa da Liga Galega de Natación Promesas para a presente tempada 2021 - 2022. Compre salientar tamén que logo da primeira xornada @s nos@s cativ@s están a ocupar a 10ª praza provisional dos 15 equipos que tomaron parte no arranque ligueiro.