Carballo acolle as derradeiras xornadas das ligas infantil e máster


 17 Maio, 2024   Natación 

Carballo acolle as derradeiras xornadas das ligas infantil e máster

O sábado á tarde e o domingo á mañá a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo, acollerá as derradeiras xornadas das ligas galegas das categorías infantil e máster. Os infantís competirán o sábado desde as 16:00 horas coa presenza dos equipos do C.N.Coruña (9), o C.N.Ordes (5), o C.N.Liceo (7), o Club do Mar (2) e o S.C.Casino (9), ademáis d@s nos@s. Para pechar a liga aliñaremos un equipo composto por 14 nadadoras-es, das cales 3 pertencen á categoría feminina e os 11 restantes á masculina entre @s que nadarán 28 probas a título individual e 1 substitución mixta por equipos. Os máster pecharán a liga o domingo desde as 9:00 horas co concurso dos equipos da Estrada (4), Santiago (16), Fluvial (6), Pabellón (12), Ordes (5), Valdeorras (7) e Portamiñá (2), ademáis d@s nos@s 8 mestres e 2 mestras. As inscricións e as listaxe de saídas destas derradeiras xornadas de liga están dispoñibles nos apartados de descargas natación e máster desta mesma web. Vela aquí tedes as clasificacións provisionais das ligas INFANTIL e MASTER.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.