Hoxe á tarde a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo, acollerá a derradeira xornada da liga galega infantil. Xornada que dará comenzo as 15:30 horas co turno de quecemento e ás 17:00 co programa de probas. Ata Carballo desprazaránse os equipo do C.N.Arzúa con 3 nadadores-as, o C. do Mar con 4, a S.D.C.N.Boiro con 7, o C.N.Arteixo con 9, o C.N.Ordes con 10, o C.N.Galaico con 16 e o C.D.N.C.Santiago con 16, ademáis d@s nos@s. Para pechar a liga aliñaremos un equipo composto por 13 nadadoras-es, das cales 5 pertencen á categoría feminina e os 8 restantes á masculina entre @s que nadarán 26 probas a título individual e 2 remudas mixtas por equipos. Logo das tres primeiras xornadas @s nos@s son 9º conxuntos dos 25 equipos que están a tomar parte nesta Liga Galega Infantil.
Tamén no día de hoxe pero en Cervo e Pontevedra, 8 d@s nos@s nadadores-as baixo a dirección de Daniel Toro, Director Técnico da FEGAN; tomarán parte nas xornadas GES de tecnificación Alevín e Benxamín que teñen coma obxectivos os de, avaliar as capacidades físicas, técnicas e tácticas d@s nadadores-as, fomentar unha actitude e uns valores no concepto de perseveranza que favorezan o desenrolo deportivo e persoal d@s deportistas, axudar e apoiar a labor d@s técnic@ dos clubs e favorecer a interrelación d@s nadadores-as e adestradores-as dos clubs galegos c@s responsables técnicos federativos.