Mañá sábado día 5 de abril á tarde, dispútase na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo a terceira xornada da Liga Galega de Natación Infantil. A competición desenvolverase desde as 15:30 horas e ademáis d@s nos@s contaremos coa presenza dos equipos do C.D.N.C.Santiago (18), o C.N.Galaico (17), o C.N.Arteixo (11), o C.N.Ordes (10), a S.D.C.N.Boiro (7), o C. do Mar (4) e o C.N.Arzúa (3). Para esta penúltima rolda aliñaremos un equipo composto por 12 nadadoras-es, das cales 6 pertencen á categoría feminina e os 6 restantes á masculina, entre os que nadarán 17 probas a título individual e 2 remudas por equipos. O programa da xornada inclúe as probas dos 50, 200 e 1500 metros libres, os 100 metros bolboreta, os 50 e 200 metros costas, os 200 metros braza, os 400 metros estilos e a remuda dos 4x200 metros libres. A nosa inscrición e a listaxe de saídas desta terceira rolda da Liga Galega Infantil están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web. Vela aquí tedes tamén a ligazón á CLASIFICACIÓN PROVISIONAL logo das 2 primeiras xornadas.