Carballo acolle o sábado a 5ª Xornada da Liga Galega Alevín


 25 Abril, 2024   Natación 

Carballo acolle o sábado a 5ª Xornada da Liga Galega Alevín

O vindeiro sábado día 27 de abril á tarde despútase na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo a quinta xornada da Liga Galega Alevín. A competición desenvolverase desde as 16:00 horas coa presenza dos equipos do C. do Mar (11), o C.N.Arteixo (14), o C.N.Coruña (11), o C.N.Culleredo (5), o C.N.Liceo (12) e o S.C.Casino (11), ademáis d@s nos@s. Para esta penúltima rolda aliñaremos un equipo composto por 24 nadadoras-es, das cales 8 pertencen á categoría feminina e os 16 restantes á masculina, entre os que nadarán 47 probas a título individual e 3 substitucións mixtas por equipos. O programa de probas da xornada inclúe os 800, 400 e 100 metros libres, os 100 metros braza, os 50 e 200 metros bolboreta, os 400 metros estilos, e a substitución dos 4x100 metros estilos mixtos. A nosa inscrición e a listaxe de saídas desta quinta rolda da Liga Galega Alevín están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web. Vela aquí a CLASIFICACIÓN PROVISIONAL.
Ademáis outr@s 15 d@s nos@s nadadores-as tomarán parte este sábado en sesións de mañá e tarde no XLIV MEMORIAL INTERNACIONAL “JUAN VARELA”, XXVII TROFEO DE NATACION “CONCELLO DE FERROL”.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.