O vindeiro sábado día 12 de abril á tarde dispútase na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo, a quinta xornada da Liga Galega Benxamín, nen@s nad@s nos anos 2014 e 2015. A competición desenvolverase desde as 16:00 horas coa presenza dos equipos do C. do Mar que compite con 5 nadadores-as, o C.N.Arteixo con 21, o C.N.Coruña con 11, o C.N.Culleredo con 9, o C.N.Liceo con 5 e o S.C.Casino con 2; ademáis d@s nos@s. Para esta penúltima rolda @s do Fogar aliñaremos un equipo composto por 15 nadadoras-es, das cales 9 pertencen á categoría feminina e os 6 restantes á masculina, entre os que nadarán 29 probas a título individual e 2 remudas mixtas por equipos. O programa de probas da xornada inclúe os 100 metros braza, os 50 metros bolboreta, os 200 metros estilos e costas, e a remuda mixta dos 6x50 metros libres. A nosa convocatoria e a listaxe de saídas desta quinta rolda da Liga Galega de Natación Alevín están penduradas no apartado descargas natación desta mesma web. Vela aquí tedes tamén a CLASIFICACIÓN PROVISIONAL, na que estamos a ocupar a 9ª praza dos 30 equipos participantes.