O vindeiro sábado día 18 de novembro, en horario de tarde, a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo acollerá a 1ª xornada da Liga Galega de Natación Alevín que congrega @s nenas e nenos nados nos anos 2011 e 2012. A competición levaráse a cabo desde as 16:00 horas e contará coa presenza de 7 dos equipos da nosa zona, o C.N. Arteixo, o C.N. Coruña, o C.N. Culleredo, o C.M. San Amaro, o C.N. Liceo e o S.C. Casino ademáis do noso; entre os que movilizaremos a un total de 93 nadadores-as, 46 rapazas e 47 rapaces. Para esta primeira rolda vimos de convocar un equipo composto por 26 nadadoras-es, das cales 9 pertencen á categoría feminina e os 17 restantes á masculina. O programa da xornada inclúe as probas individuais dos 50 e os 400 libres, os 50 bolboreta, os 100 braza, os 200 costas e os 400 estilos nas categorías feminina e masculina e tamén a substitución masculina dos 4x100 libres. A nosa convocatoria e a lista de saídas están dispoñibles no apartado de descargas natación desta mesma web. O mesmo sábado na Piscina Rías do Sur de Pontevedra, Anxo Fuentefría, Carmela Ínsua, Manuel Souto e Pablo Gil, tomarán parte no Campionato Galego de Longa Distancia en piscina curta, fase territorial clasificatoria para o Campionato de España da modalidade.