O vindeiro sábado día 3 de febreiro de 2024, a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo será a sede que acolla desde as 15:30 horas, a segunda das Xornadas Preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Primeira División. @s nos@s nadadores-as suman 4 puntos e están a ocupar a terceira praza desta Fase Preliminar por detrás do CN.Rías Baixas que ten 5 puntos e o CN.Ponteareas que ten 7. Por debaixo d@s nos@s atópanse o CN.Galaico con 3, o CN.Coruña con 2 e o CN.Boiro con 1. Nesta segunda rolda competiremos cun total de 22 nadadores-as, das que 10 pertencen á categoría feminina e os 12 restantes á masculina. Na xornada nadaránse as probas individuais dos 50, 100, 200 e 1500 metros libres, os 50 braza, os 100 costas e estilos e os 200 bolboreta, ademáis das substitucións por equipos dos 4x100 e 200 metros libres femininos e masculinos respectivamente. O noso obxectivo nesta segunda xornada da Fase Preliminar segue sendo o de manternos entre os 3 primeiros clasificados para asegurar canto antes a permanencia na primeira división rexional de cara á próxima tempada. No apartado descargas natación desta mesma web podedes atopar a lista de saídas da xornada carballesa.