Mañán sábado día 25 de marzo de 2023, a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo será a sede que acolla desde as 15:30 horas, a terceira das Xornadas Preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Primeira División. @s nos@s nadadores-as suman 8 puntos e están a ocupar a terceira praza desta Fase Preliminar por detrás do CN.Arteixo que ten 14 puntos e o CN.Galaico que ten 9. Por debaixo d@s nos@s atópanse o RCN.Vigo con 7, o CN.Arzúa con 3 e o CDNC.Santiago tamén con 3. Nesta terceira rolda concursaremos cun total de 24 nadadores-as, das que 13 pertencen á categoría feminina e os 11 restantes á masculina. Na xornada nadaránse as probas individuais dos 200 e os 800 metros libres, os 200 braza, os 50 costas e bolboreta e os 400 estilos, ademáis das substitucións por equipos dos 4x50 metros libres e 4x100 metros estilos masculinos e femininos. O noso obxectivo nesta derradeira xornada da Fase Preliminar segue sendo o de manternos entre os 3 primeiros clasificados e asegurar así a permanencia na primeira división rexional para a próxima tempada. No apartado descargas natación desta mesma web podedes atopar a lista de saídas da xornada carballesa.