Carballo sede da 3ª Preliminar da Liga Galega de Clubs de 2ª División


 25 Marzo, 2022   Natación 

Carballo sede da 3ª Preliminar da Liga Galega de Clubs de 2ª División

Mañán sábado día 26 de marzo de 2022, desde ás 16:00 horas; a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo, será a sede que acolla a porta pechada a terceira das Xornadas Preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Segunda División. @s nos@s nadadores-as están a ocupar a primeira praza desta Fase Preliminar empatad@s a puntos co CN. Arteixo, e seguid@s polo CN. Rías Baixas de Vigo, o CN. Mos a AD. Naútico de Narón e o Universitario de Santiago. Nesta terceira rolda concursaremos con 21 d@s nos@s nadadores-as, dez da categoría feminina e outros 11 da masculina; entre os que se repartirán as probas individuais dos 200 e 800 metros libres, os 200 braza, os 50 costas e bolboreta e os 400 estilos, ademais das substitucións por equipos dos 4x50 metros libres e 4x100 metros estilos. O noso obxectivo nesta derradeira xornada da Fase Preliminar segue sendo o de manternos entre os 3 primeiros clasificados con opcións á loita polo título e o ascenso á primeira división. No apartado descargas natación desta mesma web podedes atopar a nosa convocatoria, a lista de saídas e o protocolo sanitario da xornada carballesa.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.