Cinco d@s nos@s coas seleccións galegas de natación


 13 Febreiro, 2025   Natación 

Cinco d@s nos@s coas seleccións galegas de natación

@s nadadores-as infantís, Noa Ferreiro (2011) e Carlos Casal (2010), o júnior Anxo Fuentefría (2009) e o adestrador Héctor García, veñen de ser convocad@s pola Federación Galega de Natación para participar co combinado que representará a Galicia no XIII Campionato de España de Natación por Federacións Autonómicas Infantís e Júniors. Torneo que se disputa os días 14, 15 e 16 de febreiro nas piscinas municipais de Son Hugo en Palma de Mallorca e no que tomarán parte 18 comunidades autónomas e 494 nadadores-as. Outra das nosas convocadas é a nadadora alevín Carla Giance (2012), que acode coa FEGAN ao XI Campionato de España de Natación por Federacións Autononómicas en Idade Escolar. Desta volta Carla viaxará a Valladolid para participar do 21 ao 23 de febreiro no torneo estatal que reúne na piscina municipal de Parquesol a 18 federacións e 383 nadadores e nadadoras. No apartado de descargas natación desta mesma web podedes consultar a convocatoria das seleccións galegas para estes torneos nacionais. 
Máis información nas webs dos campionatos:
INFANTIL-JÚNIOR 
ALEVÍN

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.