Onte a mañá 5 d@s nos@s nadadores-as alevíns (Anxo Fuentefría, Carlos Casal, Iago Guitián, Manuel López e Noa Ferreiro) xunto con un dos nosos adestradores (David Pita), acudiron á segunda das xornadas de tecnificación do Programa GES que a Federación Galega de Natación desenvolvíu desta volta na Piscina Olímpica de Lieiro na localidade da mariña lucense de Cervo. O obxectivo desta segunda xornada estivo enfocado á toma de contacto co adestramento do traballo aeróbico en piscina longa. Ademáis d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros participaron tamén nen@s do CN.Galaico, a SD.Boiro, o CNP.Ourense, o RCN.Vigo, o CN.Rías Baixas, o CN.Ponteareas, o CF.Lugo e o CN.Xove.