A nadadora infantil de primeiro ano Clara Rey Pita (2007), desprazarase mañá ata Pontevedra para tomar parte na XVII Edición do Campionato Galego de Longa Distancia en Piscina que coincide coa fase territorial de carácter clasificatorio para o XIX Campionato de España da modalidade. A proba disputarase na piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur en sesións de mañá (11:00 horas) para a categoría infantil e tarde (17:00 horas) para o resto das categorías. A nosa nadadora representaranos na categoría infantil feminina na proba dos 2.000 metros libres, distancia na que parte coa 18ª marca de inscrición; e coa intención de acadar unha mellor clasificación final. A participación está limitada a dúas series cunha nadadora por rúa e 20 nadadoras. Todo o referente a este Campionato Galego de Longa Distancia en Piscina podedes consultalo na ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1995