Cuarto posto para @s nos@s no III Trofeo Marcos García


 11 Abril, 2024   Natación 

Cuarto posto para @s nos@s no III Trofeo Marcos García

O pasado sábado día 6 de abril de 2024 vinte e sete d@s nadadores-as de Carballo e Oleiros (11 mozas e 16 mozos), desprazábanse ata a localidade de Ferrol con motivo da disputa do  III Trofeo Marcos García celebrado na piscina do Complexo Deportivo Javier Gómez Noya; torneo que baixo a organización do C.N.Ferrol mobilizou a 19 clubs e 420 nadadores e nadadoras da nosa comunidade. En canto ao concurso d@s nos@s temos que destacar unha vez máis a actuación de Carla Mª Jiménez Coppa (2006), mellor nadadora do torneo e novo récord absoluto do club nos 50 metros braza; ademáis @s nos@s foron 4º conxunt@s por equipos e bateron outras 6 mellores marcas do club, as de 15 anos de Anxo Fuentefría nos 50, 100 e 200 braza, e as de 13 anos de Noa Ferreiro nos 50 e os 100 libres e de Alba Lamas nos 50 costas. No referente as medallas @s nos@s fixéronse cun botín de 11 ouros, 6 pratas e 5 bronces. No apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar os resultados acadados pol@s nos@s nadadores-as nesta terceira edición do Trofeo Marcos García - Cidade de Ferrol. As citas desta fin de semana son a 4ª xornada do GES Alevín en Cervo, a 3ª xornada da Liga Galega Infantil en Riazor e o Trofeo Norte Sur en Ribeira con 20 d@s nos@s nadadores-as en liza.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.