Esta mañá preséntase o Campionato Galego de Longa Distancia


 12 Decembro, 2019   Natación 

Esta mañá preséntase o Campionato Galego de Longa Distancia

Ás 11:45 hs de hoxe preséntase na Casa do Concello de Carballo, a XVI Edición do Campionato Galego de Longa Distancia en Piscina que coincide coa fase territorial de carácter clasificatorio para o XVIII Campionato de España da modalidade, proba que se disputará o 22 de febreiro na cidade de Barcelona. Así o vindeiro sábado 14 de decembro e en sesións de mañán (11:00 horas) e tarde (17:00 horas), a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá grazas á colaboración do Concello de Carballo, Turismo Carballo e Carballo Deporte, e baixo a organización da Fegan e a AD.Fogar; a 88 nadadores e nadadoras da nosa comunidade, 44 homes e outras 44 mulleres en representación de 18 clubs. Pola mañán nadaráse a proba dos 2.000 metros libres en categoría infantil masculina (20) e feminina (24) c@s mellores fondistas galeg@s en liza entre as que se atopan Nana Suárez (2005) e Lucía Romanelli (2006) como representantes locais. Xa pola tarde disputaranse as series dos 3.000 metros libres para as categorías júnior e senior feminina (20) e masculina (24) na que tamén teremos representación local co júnior Miguel Abelenda (2004) e o absoluto Adrián Haz (2000). Ademais da participación d@s nos@s cabe destacar tamén o concurso de nadadores e nadadoras de altísimo nivel nacional e internacional da talla de Pablo Cabana, Pablo Galán, Gaspar Andrade, Paula Otero, Carla Goyanes ou María Vilas entre outr@s. Todo o referente a este Campionato Galego de Longa Distancia en Piscina podedes consultalo na ligazón federativa  https://www.fegan.org/post/1995

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.