Excelente actuación do noso equipo alevín no Galego de Inverno


 02 Febreiro, 2020   Natación 

Excelente actuación do noso equipo alevín no Galego de Inverno

Esta fin de semana 3 nadadoras e 2 nadadores da AD.Fogar de Carballo e Oleiros competían no Campionato Galego de Natación Alevín de Inverno que se disputaba na Piscina Municipal do Complexo Deportivo de Santa Isabel, en Santiago de Compostela. O torneo autonómico contaba coa presenza de 29 clubs e o concurso de 248 nadadoras e nadadores, 126 na categoría feminina e 122 na masculina. En canto á clasificación por equipos se refire, os do Fogar eramos 16º femininos, 17º masculinos e 20º conxuntos. A título individual @s nos@s rapaces e rapazas acadaban 12 mellores marcas persoais e 2 medallas de prata, as de Manuel Souto de 13 anos nos 100 e os 200 metros libres que ademais era 4º nos 100 bolboreta e 5º nos 1500 libres. Cabe destacar tamén os concursos de: Clara Rey, 4ª nos 200 estilos, 5ª nos 200 costas e 6ª nos 100 bolboreta e libres; Hugo Souto, 6º nos 200 costas e 8º nos 200 libres; e María Puga e Carla Mourelle que foron 10ª nos 800 libres e os 100 braza respectivamente. En descargas natación desta mesma web podedes consultar os resultados d@s nos@s nadadores e nadadoras; ademais para ampliar a información sobre o evento podédesvos dirixir á páxina oficial da Fegan a través da ligazón: https://www.fegan.org/mp/default/post/2047

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.