Miguel Abelenda, Nana Suárez e o seu adestrador Héctor García, voltan hoxe de Barcelona despois da súa participación no XLI Campionato de España de Natación Infantil de Verán que se celebrou nas Piscinas Bernat Picornell. Miguel Abelenda de 15 anos nadou 5 probas (100, 200, 400, 800 e 1500 metros libres) e volveu brillar a nivel nacional cun concurso impecable. Mellor marca persoal nas 5 probas nadadas, 4 records do club da súa idade nos 200, 400, 800 e 1500 libres e 2 postos de finalista nacional, 7º nos 400 libres e 8º nos 1500 libres; ademais foi 12º nos 800 e 15º nos 200. En canto ao debut nacional de Nana se refire, a súa participación foi de menos a máis ao longo dos 4 días e despois dun comenzo algo dubitativo nas probas de 100 e 400 libres, hoxe nadou nos rexistros que nos ten afeitos para ser 23ª nos 200 libres e 33ª nos 200 estilos na categoría de 14 anos.. Toda a información relativa a este XLI Campionato de España de Natación Infantil de Verán podedes atopala na seguinte ligazón https://rfen.es/es/section/infantil-verano-2019. No apartado de descargas natación de esta mesma web tedes tamén os detalles da participación dos nosos nadadores.