Gran xornada d@s nos@s na 3ª Preliminar da Liga Galega


 25 Marzo, 2025   Natación 

Gran xornada d@s nos@s na 3ª Preliminar da Liga Galega

O pasado sábado 22 de marzo a Municipal Carballo Calero, acolleu en Carballo a derradeira das tres xornadas preliminares da Liga Galega de Clubs de Natación na súa primeira división; xornada decisiva de cara a determinar os postos polo ascenso e o descenso de categoría na fase final. Co Pabellón Ourense e o Rías Baixas xa clasificados nas dúas previas, a derradeira praza para a loita polo ascenso e asegurar a permanencia era só cousa de dous, o Cidade de Santiago e o Fogar que chegábamos empatados a puntos. O Pabellón gañou a xornada con 283 puntos, o Santiago rematou 2º con 275, nos fomos 3º con 244 e o Rías 4º con 239, polo que desta volta témonos que conformar coa 4ª praza de cara á final posicionándonos na loita pola permanencia co Náutico de Vigo e o Monforte. Ainda así compre subliñar a gran xornada d@s nos@s que acadaron rexistros de relevancia como a mínima nacional infantil de Manuel López nos 200 bolboreta, os récords de 14 anos do club de Noa Ferreiro nos 200 libres e Alba Lamas nos 100 costas ou o de 16 anos de Anxo Fuentefría nos 50 braza; ademáis dun bo lote de mellores marcas persoais e a satisfacción do gran traballo realizado. Os resultados da xornada están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.