Gran xornada d@s nos@s que se mantiveron na loita ata o final


 17 Maio, 2024   Natación 

Gran xornada d@s nos@s que se mantiveron na loita ata o final

O pasado sábado 11 de maio a piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino en Ponteareas, acolleu en sesións de mañá e tarde a Final da Liga Galega de Clubs de Natación na súa primeira división; xornada na que xogabámosnos o ascenso a división de honra en confrontación directa co anfitrión e favorito ao título o C.N. Ponteareas e máis o C.N. Galaico, segundo clasificado da fase preliminar. Coa permanencia xa asegurada e un equipo de circunstancias mermado polas baixas, afrontamos a xornada co obxectivo de loitala ata o final e vaia se o fixemos. Se pola mañá eramos segundos cun só punto de vantaxe sobre o Galaico que ía terceiro, pola tarde foron tan só dous os puntos que decicidiron a segunda praza de ascenso en favor dos pontevedreses. Ponteareas con 387 puntos e Galaico con 334 ascenden mentres que @s do Fogar mantemos a categoría con 332. Compre subliñar os récords do club batidos por Martín López nos 100 e 200 braza da categoría absoluta, os de 17 anos de Manuel Souto nos 100 e 200 libres, e o de 16 anos de Paulo Rivas nos 100 bolboreta. Os resultados desta fase final polo ascenso á división de honra da Liga Galega de Clubs de Natación están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.