Os vindeiros 13 e 14 de marzo de 2021 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá a 2ª xornada da Liga Galega Infantil en horario de sábado á tarde (16 horas) e o 2º Control de Marcas Júnior e Sénior en horario de domingo á mañá (9 horas). Ambas competicións levaránse a cabo sen a presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado entre outras. Ademáis haberá 2 turnos diferenciados de quecemento e competición por xornada, 1 feminino e outro masculino e non se nadarán as tradicionáis probas de substitucións por equipos co obxectivo de evitar a aglomeración de nadadores-as que entrarán e sairán da instalación baixo acreditación e de xeito graduado. Para a xornada de liga infantil aliñaremos un equipo composto por 26 nadadores-as, das cales 16 pertencen á categoría feminina e os 6 restantes á masculina, mentres que para o control júnior e sénior contaremos co concurso de 24 nadadores-as, das cales 9 pertencen á categoría feminina e os outros 15 á masculina. As convocatorias d@s nos@s, as listaxes de saídas e os protocolos anticovid para o sábado e o domingo xa están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web.