Intensa a fin de semana para 39 d@s nos@s nadadores-as


 11 Xuño, 2021   Natación 

Intensa a fin de semana para 39 d@s nos@s nadadores-as

Esta fin de semana volve a presentarse intensa para os intereses d@s nadadores-as do Fogar; no día de hoxe 2 dos nosos alevíns (Oscar Alberte e Paulo Rivas) acoden a unha das xornadas de tecnificación do Programa GES que a FEGAN desenvolverá en horario de tarde nas instalacións do C.G.T.D. de Pontevedra. Mañán sábado día 12 de xuño, a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá en horario de tarde (16:00 horas) a 6ª e derradeira xornada da Liga Galega Alevín, categoría na que os do Fogar estamos a ocupar a 5ª praza conxunta dos 30 equipos que toman parte. Para rematar unha representación de 11 nadadores-as, 5 mozos e 6 mozas das categorías infantil, júnior e absoluta; tomarán parte o domingo á tarde na Toma de Tempos que o C.N. Protamiñá de Lugo organiza nas instalacións municipais da Frigsa. Todas as convocatorias d@s nos@s, as listaxes de saídas do sábado e o domingo e o protocolo anticovid do sábado están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.