Intensa fin de semana para 53 d@s nadadores-as da ADFogar


 20 Maio, 2021   Natación 

Intensa fin de semana para 53 d@s nadadores-as da ADFogar

Preséntase intensa a vindeira fin de semana para @s nos@s nadadores-as; o sábado día 22 de maio a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá a 5ª xornada da Liga Galega Alevín en horario de tarde (16:00 horas), onde tomarán parte 27 d@s nos@s, 14 nenas e 13 nenos. No mesmo escenario  o domingo día 23 despútase tamén a 4ª e derradeira xornada da Liga Galega Infantil á mañá (9:00 horas) con 21 d@s nos@s en liza, 14 rapazas e 7 rapaces que están a ocupar a 10ª praza conxunta dos 27 equipos que conforman a categoría. Por último unha representación de 5 nadadores-as, 4 mozos e 1 moza, tomarán parte o sábado e o domingo no XXXIV Trofeo Internacional Vila de Xixón que organiza nas súas instalacións o Club Natación Santa Olaya http://www.cnsantaolaya.org/component/content/article/2-general/1964-villa2021.html. As convocatorias d@s nos@s, as listaxes de saídas e os protocolos anticovid para o sábado e o domingo xa están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web, onde podedes atopar tamén as normativas das Ligas Galegas de Natación e o XXXIV Trofeo Internacional Vila de Xixón.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.