Esta fin de semana preséntase intensa para os intereses d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros. Mañá pola mañá 5 dos nosos alevíns (Anxo Fuentefría, Carlos Casal, Iago Guitián, Alba Lamas e Noa Ferreiro) xunto cos seus adestradores (David Pita e Román Rey) acoden á primeira das xornadas de tecnificación do Programa GES que a FEGAN desenvolverá nas instalacións do C.G.T.D. de Pontevedra. O mesmo sábado a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá en horario de tarde (15:30 horas) a 2ª xornada preliminar da Liga Galega de Clubs de 1ª División na que estamos a ocupar a 4ª praza provisional logo da 1ª xornada. Para esta 2ª rolda imos competir con 9 nadadores e 8 nadadoras e a firme intención de meternos na loita polas 3 primeiras prazas desta fase inicial. E xa para rematar, 37 d@s nos@s nadadore-as prebenxamíns tomarán parte o domingo a mañá e tamén en Carballo, na 2ª xornada da Copa Galega da categoría na que ademáis d@s nos@s acodirán 6 d@s nadadores-as do C.N.Casino. As convocatorias e as listaxes de saídas destas 3 xornadas podédelas atopar no apartado descargas natación desta mesma web.