Lugo acolleu a 2ª Xda da Liga Galega de Clubs de 1ª División


 22 Xaneiro, 2026   Natación 

Lugo acolleu a 2ª Xda da Liga Galega de Clubs de 1ª División

O pasado sábado día 17 de xaneiro de 2026 a Piscina do Fluvial de Lugo acolleu a segunda das tres xornadas preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Primeira División. @s nos@s nadadores-as arrincaron esta fase preliminar da primeira división galega co obxectivo de loitar pola permanencia, desta volta cos equipos do CN. Arteixo, CN. Casino, CN. Coruña, CF. Lugo e CN. Rías Baixas. Nesta segunda rolda @s nos@s volveron a rematar cuart@s con 220,5 puntos, por diante d@s de Coruña que sumaron 213 e d@s do Rías Baixas que acadaron 173. A victoria da xornada foi novamente para o Fluvial de Lugo con 315 puntos, seguido do Casino con 271 e o Arteixo con 269,5. No que ao nivel de marcas se refire, Alba Lamas bateu os récords do club dos 15 anos nos 50 e os 100 costas e Anxo Fuentefría o dos 17 anos nos 200 braza. A terceira xornada preliminar que decidirá os equipos que loiten polo título e os que o fagan pola permanencia, disputaráse na Municipal Carballo Calero de Carballo no mes de marzo. No apartado descargas natación desta mesma web podedes atopar os resultados da xornada lucense.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar