Manuel Verdes Collazo e o seu adestrador Héctor García Soto, voltaron onte de Xixón despois da disputa en terras astures do LXIII Campionato de España Absoluto de Natación de Inverno que se está a celebrar nas instalacións do CN.Santa Olaya en piscina curta. Manu tivo unha actuación máis que destacada na proba dos 50 metros braza acadando a 39ª praza dos 48 inscritos no seu debut nacional en categoría absoluta cun tempo de 30 segundo e 19 centésimas, a súa mellor marca persoal coa que batía tamén o seu propio récord absoluto do clube. Ainda así Manuel quedou coas ganas de acadar o seu obxectivo de baixar dos 30 segundos, polo que deberemos estar atentos ao seu concurso no Campionato Galego de Inverno que se disputará a fináis do mes de decembro en Pontevedra. Toda a información relativa ao LXIII Campionato de España Absoluto de Natación de Inverno de Xixón podedes atopala na seguinte ligazón https://rfen.es/es/section/web-natacion-invierno-p25-19-20 e no apartado de descargas natación de esta mesma web tedes tamén os resultados da proba dos 50 braza masculinos.