A pasada fin de semana Manuel Verdes e Yoel Suárez tomaban parte coa Selección Galega Absoluta de Natación no XIII Meeting Internacional da Póvoa do Varzim, contribuíndo á victoria final do combinado galego. Yoel nadou as finais A dos 50 e os 100 metros braza acadando a 4ª praza individual nas dúas probas e tamén a final A na substitución dos 4x50 metros libres onde formando equipo con José Moure, Brais Novo e Martín Vázquez acadaba a medalla de prata. No que respecta a Manuel, desta volta só puido meterse na final A dos 50 metros braza, proba na que foi 6º clasificado. Os resultados dos nosos están xa subidos ao apartado de descargas natación desta mesma web. Ademáis na seguinte ligazón federativa https://www.fegan.org/post/4023 podedes acceder tamén á nova dos resultados máis destacados obtidos polo resto d@s compoñentes da Selección Galega.