Manuel Verdes e Yoel Suárez convocados ao Meeting de Póvoa


 02 Febreiro, 2023   Natación 

Manuel Verdes e Yoel Suárez convocados ao Meeting de Póvoa

Manuel Verdes e Yoel Suárez veñen de ser convocados pola FEGAN para tomar parte no XIII Meeting Internacional de Póvoa do Varzim a desputar os vindeiros 4 e 5 de febreiro de 2023. A selección galega compoñena 18 nadadores-as, 9 mulleres e outros tantos homes logo de cumprir os tres requisitos esixidos; ter mínima absoluta ou absoluta moz@ para participar no Campionato de España Open de Natación Absoluto; levar un programa de adestramento con especial atención á asistencia e o compromiso diario; e ter marcas actuais de referencia en piscina longa. Os nosos nadadores competirán nas probas individuais dos 50 e 100 braza, os 50 bolboreta e os 200 estilos no caso de Manuel e nos 50 e 100 braza e os 50 e 100 libres no caso de Yoel. Ademáis en función do programa de probas e a marcha do equipo estarán ao dispor d@s adestradores-as encargad@s do grupo para nadar tamén as probas de substitucións por equipos. No apartado de descargas natación desta mesma web pódese consultar ao detalle a convocatoria galega. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.