O nadador da AD.Fogar Miguel Ángel Abelenda Pérez (2004), vén de ser convocado pola Federación Galega de Natación para participar co combinado que representará á Federación Territorial de Galicia no VIII Campionato de España de Natación por Federacións Autonómicas. Torneo que se disputa do 14 ao 16 de febreiro de 2020 na Piscina José Feo do Club Natación Metropole nas Palmas de Gran Canaria. O equipo galego infantil confórmano 5 nadadores, outras 5 nadadoras e 3 técnicos responsables do grupo: Luisa Domínguez (Adestradora do CGTD), Jaime López (CN.Fluvial Lugo) e Andrés Carrera (CN.Ponteareas). Miki nadará a título individual os 200, 400 e 1500 metros libres e en función do programa de probas e a marcha do equipo masculino estará ao dispor dos adestradores encargados do grupo para nadar tamén as probas de substitucións por equipos. No apartado de descargas natación desta mesma web pódese consultar ao detalle a convocatoria galega.